Actos de conmemoración do Centenario das Sociedades de Emigrantes do Concello de Vedra
Venres 6 de agosto, Casa do Concello:
RECEPCIÓN OFICIAL DA COMITIVA DE BOS AIRES. A corporación municipal daranlle a benvida oficial á delegación de Bos Aires.
Venres 6 de agosto, 21:30 horas.Campo da festa de Vedra
FOLIADA DO CEN. Foliada co Grupo de Gaitas da Sociedad Parroquial de Vedra en Bos Aires e os grupos folclóricos do concello. Ademáis contaremos cos contos e monólogos de Andaravía Teatro.
A celebracion do centenario en Bos Aires
Aqui e ala traballando a reo neste ano de celebracion. Xuntos facemos memoria, e facemonos a nos mesmos, aprendendo e recoñecendo quen somos e de onde vimos. Parabens, veciños e veciñas de Vedra, aqui e acola!
http://www.lavozdegalicia.es/lavozdelaemigracion/2010/03/05/000312677822...
20 marzo: Conferencia "Cao Turnes e a residencia de estudantes"
O pasado sábado 20 de marzo ás 20:00 horas no local da Sociedade Unión e Progreso de San Xián de Sales, presentouse unha nova actividade do Centenario das Sociedades de Emigrantes de Vedra en Bos Aires dedicada á figura de Manuel Cao Turnes, con motivo da conmemoración do 58 aniversario do pasamento deste ilustre persoeiro da emigración vedresa en Bos Aires.
25 marzo: Presentación da proposta didáctica "A emigración en Vedra"
O pasado día 25 de marzo ás 19:00 horas, presentouse na Galería Sargadelos de Compostela a proposta didáctica "A Emigración en Vedra".
Esta proposta elaborada polo Centenario das Sociedades de Emigrantes de Vedra en Bos Aires, enmárcase no proxecto educativo Ulla Elemental e incorpórase ao seu cada vez máis amplo acervo. A proposta distribuirase en CD ademáis de poñerse ao dispor do público na Internet no enderezo www.100anosvedraemigrante.com.
Unidade didáctica sobre a emigración vedresa a Bos Aires
03/03/2010 - 08:30.Jesusa Lobato Sobredo, in memoriam
O pasado 14 de xaneiro, á idade de 102 anos, faleceu en Bos Aires Dona Jesusa Lobato Sobredo, quen nacera en Trasariz-Vedra o 31 de agosto de 1908.
Fallo do Concurso de Fotografía "Centenario das Sociedades de Emigrantes de Vedra"
O xoves 29 de outubro falláronse os premios do concurso fotográfico "Centenario das Sociedades de Emigrantes de Vedra".











