15 maio: CONFERENCIA. Muito máis que emigración: morriña, tecnoloxía e política da man dos emigrantes.
11/05/2009 - 16:03.
O pasado venres 15 de maio ás 20:30 horas, a Casa do Antigo Xulgado acolleu a conferencia "Muito máis que emigración: morriña, tecnoloxía e política da man dos emigrantes", impartida polos historiadores Lourenzo Fernández Prieto e Andrés Domínguez Almansa.
Así mesmo, tivo lugar a presentación do libro “Dar e concordar na Ulla do século XVIII", da
historiadora Dª Celia Alegre Maceira, que recentemente foi editado pola
Deputación da Coruña e no que se aborda, dun xeito rigoroso, a
conflictividade social na nosa comarca durante un século no que se
foron conformando as condicións socioeconómicas que levarán a
emigración masiva das nosas xentes cara o continente americano.

Esta xornada inscríbese no marco dos actos que o
Concello de Vedra promove con motivo da conmemoración, o próximo ano
2010, do Centenario das Sociedades de Emigrantes do Concello de Vedra
existentes en Bos Aires.